domingo, 26 de octubre de 2014

El programa Empreamar

EMPREAMAR é un proxecto formativo que se desenvolverá en Carnota e Porto do Son, que está promovido polo Campus do Mar e o Grupo de Acción Costeira 4 Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia para o fomento do emprendemento orientado ao aproveitamento sostible dos recursos mariños endóxenos do territorio do GAC 4.
Mediante a combinación dunha aprendizaxe participativa e innovadora e dunha fase de promoción para a presentación de proxectos á convocatoria de axudas dos GAC en Marzo de 2014, xunto á posibilidade de acceso a espacio, facilidades loxísticas e titorización nunha pre-incubadora de empresas para as propostas, EMPREAMAR supón unha oportunidade estratéxica única para a poboación da zona.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Esta acción formativa vai dirixida a persoas maiores de idade que vivan ou traballen no ámbito de acción do GAC Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia e que desexen recibir formación en emprendemento vencellado ao medio mariño. No momento da inscrición pedirase documento xustificativo que acredite a residencia ou traballo nalgún dos concellos pertencentes ao Grupo de Acción Costeira – Zona 4 (certificado de empadroamento, contrato de traballo, etc.).

ESTRUTURA DO PROGRAMA

INSCRICIÓN

A inscrición poderase facer a través deste formulario, nas oficinas do Grupo de Acción Costeira – Zona 4 en Corcubión, Muros e Noia, ou nos concellos de Carnota e Porto do Son.
Para completar a inscrición é preciso achegar algún documento que acredite a residencia ou traballo en calquera dos municipios que abrangue o GAC 4. Esta xustificación deberá enviarse por email atransferencia@campusdomar.es ou entregarse personalmente no lugar da inscrición.
As prazas están limitadas a 20 en cada sede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario